
Con ela pretenden paralizar o proceso de ERE. Pídese a intervención ou administración xudicial da planta por parte do SEPI e que se ordee a Alcoa non comezar coa paralización das cubas e polo tanto non executar os despidos individuais en tanto non haxa sentencia firme. Por outra banda, o comité organiza unha gran manifestación en Lugo para o sábado 24 de outubro. Partirá ás 11 do edificio da Xunta e rematará ás 12 diante da Subdelegación do Goberno onde se entregará unha solicitude de intervención pública temporal dirixida ao goberno central.