“O anuncio de Alcoa confirma que a única saída pasa pola intervención e nacionalización da empresa. Débese mandar unha mensaxe clara aos
especuladores industriais. As dúas administracións deben actuar con
contundencia na defensa dos mil postos de traballo en xogo e no futuro
da comarca da Mariña”, esixiu.
Maite Ferreiro lembrou que o pleno provincial aprobou o pasado martes,
por unanimidade, unha moción para reclamar á Xunta de Galiza e ao Estado a intervención pública para a nacionalización da factoría de San Cibrao, como reclaman o comité de empresa e os sindicatos.