Site icon Crónica3.com A Mariña

María Faltri picadiscos actúa na Casa da Cultura do Vicedo este xoves

Este xoves ás 16:30h, María Faltri presenta o seu espectáculo musical de animación á lectura “Bibliodiscoteca”. Este espectáculo forma parte das actividades de animación á lectura da Biblioteca Pública Municipal do Vicedo xunto coa Xunta de Galicia no programa Ler Conta Moito. A actividade está destinada a nenos e nenas de infantil e primaria e é gratuita. Cumpliranse todas as medidas establecidas polas autoridades sanitarias pola COVID-19. “A Bibliodiscoteca é unha festa, o propósito é divertirnos e bailar, e para iso a Picadiscos facilita aos convidados una morea de atrezo. Perrucas, instrumentos, libros, e sobre todo moita empatía. E todo isto escoitando música infantil en galego”

Exit mobile version