Site icon Crónica3.com A Mariña

Milleiros de persoas apoian aos traballadorxs de Alcoa en Lugo

 Lugo, 24 de outubro de 2020. Milleiros de persoas acudiron á chamada do comité de empresa de Alcoa para expresar polas rúas da capital provincial que Alcoa non se pecha, que sen industria non hai futuro e que a intervención é a única solución. Os lucenses amosaron que está ó carón dos traballadores, e moitos que non acudían á manifestación, aplaudían ó seu paso dende as xanelas das súas casas, ou dende a entrada dos seus negocios. Alcaldes e políticos de todas as cores acudiron á cita que principiaba na rolda da Muralla, fronte ao edificio da Xunta, e remataba ao mediodía diante da subdelegación do goberno. Nese punto chegaron os discursos dos representantes do comité, J. Antonio Zan e Xosé Paleo. Escenificaron a petición de intervención metendo por debaixo da porta de entrada da subdelegación un escrito que o comité tiña intención entregar en man á subdelegada, mais esta non estaba presente. Nos intres finais da concentración lanzáronse ovos á fachada da edificio e queimouse testimonialmente roupa de traballo.
Zan e Paleo insistiron en que non hai tempo para máis contemplacións e os gobernos deben actuar xa, sen demora, para intervir a fábrica.

Exit mobile version