Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Viveiro solicita aparcadoiros en espiga nas zonas de Lodeiro onde non foron instalados

 Viveiro, 3 de outubro, 2020. Desde o BNG estamos convencidos en que é necesario ir cambiando os tradicionais aparcadoiros en batería do concello por aparcadoiros en espiga en base aos grandes beneficios que aportan en seguridade, eliminando puntos mortos e obrigando aos vehículos a saír no sentido da circulación, así como unha menor ocupación dos vehículos nas beirarúas, permitindo unha mobilidade peonil mais ampla e unha carga e descarga máis cómoda para os vehículos.

Polo que solicitamos ao Goberno Municipal a instalación destos aparcadoiros en espiga nas zonas de Lodeiro onde non foron postas en marcha e aproveitamos para recordarlles que continúan sen aplicarse as medidas para baixar a siniestralidade en Covas e Cantarrana após 7 meses de aprobarse a moción do BNG en pleno. Moción que tiña entre os acordos: xestionar solares privados para utilizalos como aparcadoiros públicos, realizar un estudo para reducir a cero a siniestralidade e a modificación dos aparcadoiros para distribuilos en espiga, sendo este último punto o mesmo que estamos a solicitar para Lodeiro que tan necesario se presenta.

Exit mobile version