Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG solicita colocar antiescorregantes nas zonas problemáticas do paseo fluvial do río Landro

 Viveiro, 11 de outubro, 2020. Dende a súa creación, este paseo fluvial que transcorre ao son do río Landro dende Portochao a Viveiro e viceversa, ten tramos en inverno que son intransitábeis debido á humidade que, coas xeadas e as baixas temperaturas, provoca que o chan, en especial o de madeira, se volva moi esvaradío e polo tanto perigoso nas zonas máis sombrías do mesmo.

O BNG solicita ao goberno de María Loureiro que lle busque solución a esta problemática agora que voltan as baixas temperaturas e hai menos horas de sol. Outros Concellos xa foron quen de actuar con axilidade nas zonas onde se lles presentou unha problemática similar colocando materiais antiescorregantes como malla metálica entre outros.

Exit mobile version