Na sinatura deste convenio de colaboración, tamén estiveron presentes o Alcalde de Foz, Fran Cajoto, e a Concelleira de Deportes, Gemma Méndez. Ambos aproveitaron a ocasión para trasladarlles, aos directivos do Club focense, a vontade da corporación municipal en colaborar con todas as iniciativas que o ‘Ría de Foz’ promova.
Desde a Directiva do Club de Atletismo valoran moi positivamente o apoio prestado polo CCA-Foz durante estas tempadas, posto que contribuíu, de maneira decisiva, ao crecemento e mellora do Club a moitos niveis. Ademais, esta renovación do acordo chega nun momento “doce” para o ‘Ría de Foz’, xa que cada vez son máis os pícaros e os adultos que se achegan ao Club.
Ademais, desde o CCA RÍA DE FOZ, queren agradecer tamén a confianza depositada polos seguintes locais no traballo do Club: Cervexa Artesá “Augas Santas”, Nº1 Zapatillas-Foz, Pub Legends, Panadería-Pastelería Hucar e a Run Foz Run.
Así, xa por último, desde o Club de Atletismo ‘Ría de Foz’ queren agradecer o trato e a confianza do CCA-Foz, representada na figura do seu Presidente Jose Carlos Paleo, e queren sumarse, ademais, a todas as voces que convidan aos cidadáns a apoiar e investir no comercio local focense.