Site icon Crónica3.com A Mariña

O comité de Alcoa pide aos gobernos central e galego que aceleren os pasos para unha intervención

Cervo, 6 de outubro, 2020. O presidente do comité de empresa, J. Antonio Zan, foi claro ao remate da mesa multilateral celebrada este martes: “las adminsistraciones deben anticiparse a los planes de Alcoa y acelerar los pasos de una intervención”. Na xuntanza non houbo novas concretas que desbloqueen a situación, polo que Zan insistiu en actuar antes de que a multinacional, no seu empeño en pechar, poda aplicar o ERE. Os traballadores están chamados a unha nova reunión o vindeiro martes 13, se non hai movementos da empresa ata esa data.

Exit mobile version