Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello anima á veciñanza a sumarse este xoves a unha nova acción da campaña “Coida Cervo”

 Cervo, 7 de outubro de 2020. O Concello de Cervo, a través das delegacións de Medio Ambiente e de Ecoloxía, anima á veciñanza a participar nunha nova acción enmarcada na campaña de concienciación medioambiental “Coida Cervo”, que terá lugar mañá xoves, entre as 11:00 e as 13:00 horas, na contorna do IES Marqués de Sargadelos.

A iniciativa comunitaria prevista neste caso é un voluntariado de recollida de lixo e o punto de encontro será diante do propio centro educativo ás 11:00 horas.

Esta campaña, que contempla ademais charlas, coloquios, actividades prácticas, saídas de campo e campañas para incentivar a reciclaxe selectiva, nace co obxectivo –recordan- de poñer en valor as boas prácticas individuais no noso día a día no coidado e protección da contorna.
A Administración local subministrará todo o material necesario para o desenvolvemento da actividade como luvas e bolsas de lixo para realizar a reciclaxe selectiva dos refugallos recollidos ou chalecos reflectores.

Exit mobile version