Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela repartiu 30 novos composteiros

 Burela, 27 de outubro de 2020. O Concello repartiu nas últimas horas 30 novos composteiros entre a veciñanza que os solicitou. En Burela hai 130 vivendas unifamiliares que participan na compostaxe doméstica.
A concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, lembrou que “grazas ao apoio de Sogama, no Concello de Burela ampliamos o programa de compostaxe doméstica a 30 novos fogares, co que contamos cun total de 130 vivendas unifamiliares participando activamente nesta iniciativa”.
As persoas que demandaron os novos composteiros asistiron na tarde de onte a unha charla informativa que se celebrou no Salón de Conferencias, onde recibiron estes recipientes.
Agora o Concello de Burela será o encargado de facer o seguimento desta iniciativa para avaliar a súa acollida e a resposta dos cidadáns.
Eijo amosouse satisfeita “coa fantástica acollida desta iniciativa en todas as edicións que levamos adiante. Queremos recordar que a compostaxe doméstica de restos orgánicos permite non só acadar o mellor abono para cada horta ou xardín, senón tamén reducir en orixe os residuos, o que minimiza o seu impacto ambiental, un dos grandes problemas medioambientais actuais”.

Exit mobile version