Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo mantén iluminados de rosa os edificios públicos con motivo do Día Mundial de Loita Contra o Cancro de Mama, como símbolo de apoio a todas esas persoas que padecen esta enfermidade, e tamén ás súas familias

A iluminación, que está instalada na Casa do Concello, na Casa da Cultura, na ruínas da fábrica de Sargadura e nas Escolas Vellas de Cervo, estará acesa ata este venres, 23 de outubro. Ademais, tal e como explica a edil de Sanidade, Mali Méndez, este xoves no mercado de San Ciprián, que se celebra semanalmente na Praza dos Campos, “instalaremos un punto de información en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro (AECC); para incidir, entre outros aspectos, na importancia da prevención, porque a detección precoz do cancro de mama salva moitas vidas”.

Exit mobile version