Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro asume a limpeza do río Vilar para dar resposta ás demandas veciñais, aínda que non é competencia local

O grupo de goberno entende que os prexudicados son os veciños, que ademais non teñen culpa de que a administración con competencias para a limpeza dos ríos non realice o seu traballo. O río do Vilar -que discorre pola Feira de Galdo e o Pontigo, ata a ponte da Marelá, onde desemboca no río de Galdo- adoita desbordarse en época de fortes choivas, presentando un importante perigo para as casas cercanas. Neste sentido, os veciños transmitiron ao concello a súa preocupación polo seu estado, polo que o grupo de goberno decidiu iniciar as xestións para asumir a limpeza.

Exit mobile version