Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro entregou os premios dos concursos de fotografía amateur ‘Traballos e Mulleres’, de debuxo escolar ‘Muller Traballadora’ e o da Mascota da Biblioteca

 Viveiro, 3 de outubro de 2020. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, entregaron esta mañá os premios de varios concursos celebrados durante os últimos meses, uns actos que tiveron que aprazarse pola situación sanitaria.

Ás 12:00 horas na sala multiusos do concello, entregaronse os premios correspondentes ao Concurso de fotografía amateur ‘Traballos e mulleres’ e o de debuxo escolar ‘Muller traballadora’, convocados pola delegación municipal de Muller e o Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Viveiro con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller.

No concurso de fotografía amateur ‘Traballos e mulleres’ formaron parte do xurado José María Álvez (fotógrafo de El Progreso), Pepa Losada (fotógrafa de La Voz de Galicia), Saúl Jiménez (fotógrafo Carlos fotógrafos) e Toño Goás (fotógrafo de Toño Goás), resultando premiados:

1º PREMIO.- REYES CERDÁ MIRA. FOTO “REDES”

2º PREMIO.- LUIS MARÍA BARRIO SÁENZ. FOTO “LA TEJEDORA Y EL TELAR”

3º PREMIO.- DIEGO COSTA RAMOS. FOTO “ENRUGAS DE UNHA VIDA”

No concurso de debuxo escolar ‘Mamá traballadora’ formaron parte do xurado Lara Fernández Fernández-Noriega (concelleira Cultura e Muller), Margarita Fernández (directora CIM Viveiro) e Ana María Abad López (psicóloga CIM Viveiro), resultando premiados/as:

3º E.P.- DIEGO ALEMPARTE DÍAZ (CEIP SANTA RITA DE GALDO)

4º E.P.- JUAN MÍGUEZ VÁZQUEZ (CPR LANDRO)

5º E.P.- LAURA PEÑA RODRÍGUEZ (CPR LANDRO)

6º E.P.- LUCÍA MARTÍNEZ BERMÚDEZ (CPR LANDRO)

Posteriormente, ás 12:30 horas na biblioteca, o concello entregou o premio á gañadora do concurso para elixir mascota da biblioteca, Lucía Martínez Bermúdez.

Exit mobile version