Está previsto que o número de afectados no municipio descenda nos próximos días, tendo en conta que se van producir algunhas altas médicas entre os afectados, polo que o número de positivos baixaría.
Porén, o Concello de Viveiro apela á reponsabilidade individual da veciñanza para cumprir sempre as restricións e medidas, como o uso da máscara, o respecto da distancia de seguridade interpersoal, o control dos aforos, evitar as aglomeracións… O goberno local insiste tamén na precaución e no cumprimento nesta fin de semana das medidas extraordinarias decretadas no cemiterio con motivo das festividades de Todos os Santos e Defuntos.
Dende o Concello de Viveiro, continuarase informando á veciñanza da situación e dos datos relativos ao municipio, facendo fincapé na necesidade de manter a calma. Con todo, dende o goberno local insisten en non baixar a garda e extremar as medidas establecidas polas autoridades sanitarias co fin de preservar a saúde pública e evitar contaxios.