Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello recibe a representantes de Finanzauto que reiteraron o seu compromiso de celebrar en Mondoñedo unha mellorada xornada de exposición sobre o sector forestal

 Mondoñedo, 3 de outubro de 2020. A tenente de alcalde do Concello de Mondoñedo, Elena Candia, recibiu na casa consistorial a representantes de Finanzauto que reiteraron o compromiso adquirido no 2019 de celebrar unha nova xornada de exposición sobre o sector forestal no municipio. Á xuntanza asistiron Miguel Cebrián e Javier León, responsables do Sector Forestal e de Marketing de Finanzauto, respectivamente.

Candia avanzou que o Concello está a traballar para mellorar a que sería a segunda xornada trala celebrada en Mondoñedo en novembro do ano pasado e na que Finanzauto presentara a súa gama de máquinas e produtos forestais en colaboración coas asociacións profesionais do sector e na que participaran máis de 300 profesionais do sector de Galicia e Asturias. Así mesmo, explicou que “agardamos contar coa implicación de máis institucións e entidades”.

Candia puxo en valor as iniciativas innovadoras dirixidas a axudar a mellorar a produtividade das empresas do sector forestal; pero, ademais de destacar o beneficio que supón para as empresas contar con máquinas eficientes, fixo fincapé na importancia de dispoñer de maquinaria que ofreza seguridade aos traballadores.

A tenente de alcalde destacou tamén que “o norte de Galicia concentra o 25% da produción de madeira en España” e, polo tanto, manifestou o apoio do Concello a un sector estratéxico para Mondoñedo e para toda a comarca da Mariña.

Xornadas de exposición sobre o sector forestal
Estas xornadas de exposición serven para facer unha demostración práctica aos usuarios da maquinaria no sector forestal e da madeira sobre a eficiencia e seguridade de procesadoras e autocargadores ao mesmo tempo que presentan a solución global en relación aos produtos, atención posventa e asesoramento profesional por parte de Finanzauto.

Exit mobile version