Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello renova a rede de saneamento en diferentes zonas de Cervo e San Cibrao

 Cervo, 15 de outubro de 2020. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, acompañado da Tenente Alcalde, Dolores García Caramés, e da edil de Obras, Mali Méndez, supervisou este mediodía os traballos de saneamento que se están acometer estes días no núcleo de Cervo, en concreto, na rúa Xosé María Cao, á altura do parque infantil Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane da capitalidade municipal.
Estes traballos, que estarán rematados previsiblemente a vindeira semana, veñen sumarse a outras actuacións de saneamento que se foron acometendo días atrás en San Ciprián, en concreto na Rúa do Cobo; tamén entre as rúas Aduana e Pena Mea; e no cruce da rúa da Caosa coas rúas Hospital, do Lugar e da Rúa do Campos.
As actuacións supoñen un orzamento de 23.600 euros, procedentes do Fondo de Compensación Ambiental, da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia.
Tal e como precisou o rexedor, Alfonso Villares, “desde o Concello decidimos destinar estes fondos a estas infraestruturas básicas, que non se ven, que están soterradas, pero que supoñen unha mellora da calidade de vida da veciñanza, e que para nós son actuacións esenciais que ocupan un lugar moi destacado na nosa acción de goberno”.

Exit mobile version