Ante este anuncio o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo quere comunicar o seguinte:
Alcoa é a única responsable do fracaso nas negociacións de venda da planta de San Cibrao. Por tanto, o Goberno considera que a dirección de Alcoa empuxa aos traballadores e ás Administracións a un conflito innecesario xa que había solucións para alcanzar un acordo de compra-venda.
O Ministerio de Industria reitera o seu malestar polo feito de que Alcoa abandonase a negociación non respondendo á proposta do Goberno de que sexa a SEPI a que actuase de intermediaria para a venda da planta a Liberty House.
Os traballadores, as súas familias e a comarca da Mariña teñen o apoio do Goberno, que seguirá traballando para lograr unha solución que manteña o emprego e as capacidades industriais en Lugo.