Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo Parlamentario socialista pide que se extenda a cobertura de banda ancha a todo o Concello de Viveiro e XESTUR impulse a comercialización das parcelas de Landrove con mellores condicións

 Compostela, 2 de outubro, 2020. Na Comisión de Industria do día de onte, recibimos unha proposición do BNG, que lle pedía á Xunta de Galicia a inclusión do Polígono de Landrove no Plan de Banda Larga para a instalación de dita infraestrutura.

O noso Grupo falou co Goberno Local de Viveiro, con empresas de dito parque empresarial e a propia empresa suministradora de fibra no polígono e as tres respostaron que dende fai unhas datas, xa estaba a disposición esta tecnoloxía no parque empresarial.

Ante esta situación e o descoñecemento do BNG da realidade actual, fixemos unha enmenda que reclamase a chegada de internet de alta velocidade a todo o concello, aínda non existe cobertura en todo o seu territorio, tendo en conta que o Goberno Local de María Loureiro, leva tempo pedíndolle ao Goberno Central e á Xunta de Galicia dita infraestrutura.

Ademais aproveitamos para pedirlle á Xunta de Galicia, que impulse a través de XESTUR a comercialización das parcelas de Landrove con mellores condicións que as actuais para evitar a marcha de empresas locais e aparición de novas en dito Concello.

A enmenda dicía o seguinte:

O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a:

1º) Facer unha aposta pola implantación de empresas no polígono industrial de Landrove en Viveiro, cunha política de xestión das parcelas, por parte de XESTUR, atractiva para posibles empresarios que levan as súas empresas para outras partes do territorio.

2º) Estudar e paliar por iniciativa da Administración autonómica a falta de cobertura de banda larga nas parroquias rurais de Viveiro, que carecen da dita cobertura.

O Grupo Parlamentario do BNG non quixo aceptala e na votación co fin de deixar constancia do problema existente en Viveiro, trocamos a enmenda por unha de adición á presentada polo BNG, incluíndo o primeiro punto da nosa enmenda.

Lamentamos profundamente o voto en contra do Partido Popular e a utilización partidaria do BNG na nota emitida por este asunto, onde se tacha ao PSdeG de non coñecer unha realidade, cando son eles quenes non foron ben informados.

Exit mobile version