Site icon Crónica3.com A Mariña

O Lar de Manolo, de Ribadeo, celebra Outubro de Feira e rende homenaxe a festas como As San lucas ou o San Froilán

 Ribadeo, 6 de outubro de 2020. O restaurante o Lar de Manolo de Ribadeo celebra Outubro de Feira.
O establecemento ribadense quere homenaxear citas festivas tan importantes como o San Froilán e as San Lucas, que teñen lugar estas semanas en Lugo e en Mondoñedo.
Durante todo o mes de outubro O Lar de Manolo dá a oportunidade de comer ou cear de feira tanto no restaurante como para levar á casa.
A oferta gastronómica ofrece as elaboracións propias de calquera feira galega como pulpo, lacón con grelos e cachelos, lacón con cachelos, orella con cachelos e pementos de Padrón.
Desde O Lar de Manolo o seu cociñeiro e propietario, Ángel Expósito, anima “a comer de feira durante este mes aquí no noso restaurante, onde poden facelo de xeito totalmente seguro. Pero si o prefiren tamén poden levar eses pratos para as súas casas”.
As persoas que queiran degustar este Outubro de Feira en O Lar de Manolo poden facer as súas reservas ou encargos no número de teléfono 982 120 070.

Exit mobile version