Site icon Crónica3.com A Mariña

Os abonad@s 2020-21 xa poden recoller o seu carné

 Burela, 19 de outubro, 2020. Tod@s os abonad@s que formalizaron a reserva de 2020-21 xa poden poden recoller o seu carné de acceso a Vista Alegre -con asignación de asento para toda a tempada-, a partir de mañá, martes 20. As devanditas tarxetas tamén se poderán recoller este mércores en taquilla, coincidindo co partido de Primeira Masculina ante o Fútbol Emotion Zaragoza (20.30 horas)

Horario de atención en oficina:
Luns, martes, xoves 10.00-14.00 // 16.00-19.00
Mércores (día 21) 10.00-14.00
Venres 10.00-14.00

A disposición do club

Os abonos son sempre nominativos e poden deixarse a disposición do club no caso de que non se faga uso deles, con desconto de 5 euros en cada partido ata un 70% do importe do abono.

Para que esa disposición sexa efectiva @ abonad@ debe deixar o carné na oficina do club ou solicitalo formalmente a través de burelafs@burelafs.org co mail rexistrado na base de datos de abonad@s do club, sempre cun mínimo de 72 horas de antelación ao partido.

Vixencia dos descontos dende o 26 de outubro e aplicables ao importe do abono de 2021-22.

Exit mobile version