“Hoxe pola mañá espertámonos coa noticia de que había desperfectos en vehículos da Rúa Rosalía Castro con rodas raxadas, así como pintadas en espazos públicos e desperfectos no mobiliario urbano. Por iso reclamamos que o Concello busque os mecanismos necesarios, en colaboración con outras administracións se fóra preciso, para que se respeten as normas e boa convivencia na nosa vila”.
Dende a Agrupación Socialista de Ribadeo queremos amosar o noso rexeitamento a este tipo de actos, e poñemonos a disposición de todos os veciños e veciñas afectados por estes acontecementos.