Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas de Riotorto denuncian que despois de 15 dias aínda non tiveron acceso ao expediente de contratación da praza da muller do Alcalde

Riotorto, 27 de outubro de 2020. O Grupo Socialista de Riotorto presentou hoxe, un novo escrito no Rexistro do Concello, para comprobar o expediente completo da contratación das 3 prazas, seleccionadas a través do Plan Depuemprego da Deputación no Concello de Riotorto. Concretamente é unha praza de albanel, outra de xardineiro e unha praza de administrativa, na que resultou titular deste proceso selectivo a muller do Alcalde de Riotorto. Anuncian que senón atenden esta petición recorreran á Valedora do Pobo, si é necesario.

Dende o Grupo Socialista de Riotorto explican que “o pasado 5 de outubro, é dicir fai máis de 15 dias, rexistramos un escrito para revisar estes expedientes, pero o único que recibimos foi o silencio do PP. Que ten que ocultar o Alcalde, para non facilitar esta documentación, tal e como marca a lexislación?”, din.

Por iso unha vez máis “vémonos na obriga de defender os intereses de todas as veciñas e veciños de Riotorto, e de continuar na nosa teima de poñer luz e taquígrafos a esta contratación. Por iso, hoxe mesmo volvemos a solicitar o acceso a esta documentación, tal e como marca a normativa”, denuncian.

“No escrito, rexistrado hoxe, solicitamos día e hora para poder comprobar os expediente, esperemos que o PP non se poña nervioso e poidamos acceder a esta información, atendendo aos nosos dereitos como representantes do pobo lexitima e democraticamente elixidos”, advirten.

Exit mobile version