Site icon Crónica3.com A Mariña

Pardeiro regresa ao Pescados Rubén para dirixir o xuvenil

 Burela, 5 de outubro, 2020. O burelao Javier Pardeiro Casabella regresa ao Pescados Rubén Burela FS para asumir a dirección do conxunto xuvenil de División de Honra RFEF, apoiado por Francisco García, Pancho. Ambos os técnicos reuníronse esta tarde no pavillón Vista Alegre co director da base, Alfonso Mera, e o coordinador da escola, Christian Fustes, para pechar os últimos detalles organizativos para o comezo do traballo sobre a pista.

O adestrador, no banco do SD Xove FS nas últimas catro tempadas, afronta a súa terceira etapa na entidade laranxa, despois de dirixir o equipo masculino de Prata durante oito anos e o feminino de Primeira entre 2009 e 2013; con este último alzou o dobrete histórico de Liga e Copa de España. Xunto a Pardeiro, o tamén mariñán Pancho responsabilizarase da área da preparación física do equipo, co comezo ligueiro previsto para o sábado 17, na casa ante o Santiago Futsal.

Se algún rapaz nado entre 2002 e 2004 está interesado en pertencer ao equipo pode poñerse en contacto co club a través de escuelasdeportivas@burelafs.org ou 670321857.

Exit mobile version