Site icon Crónica3.com A Mariña

Quen desexe asistir ao concerto que Roi Casal ofrecerá este sábado, 10 de outubro, en Burela deberá anotarse na Casa da Xuventude

 Burela, 5 de outubro de 2020. As persoas que desexen asistir ao concerto que Roi Casal ofrecerá este sábado, 10 de outubro, en Burela deberán anotarse na Casa da Xuventude.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, subliña que “o concerto é de balde. Contamos con 300 prazas. E queremos que a xente se anote antes. Poderán facelo chamando á Casa da Xuventude ao 982 58 11 41 en horario de 10 a 14 horas ata o vindeiro venres. Terán que deixar o nome completo, un teléfono de contacto e o número de persoas que van nese grupo. O que queremos é sentar á xente con seguridade e planificar ben todo. Ademais o mesmo día do concerto entre as 19:00 e as 20:30 horas tamén poderán anotarse na billeteira do auditorio municipal”.
O artista galego Roi Casal presentará o seu espectáculo As Músicas do Camiño este sábado, día 10, ás 21:00 horas no auditorio municipal de Burela. O concerto está incluído na programación O Teu Xacobeo e a entrada será de balde. A actuación está promovida pola comisión organizadora das festas patronais de Burela e conta coa colaboración do Concello e da Xunta de Galicia.
Será un espectáculo inesquecible con letras de Neira Vilas e a posta en escena dos mellores músicos de ambos países.

Exit mobile version