Site icon Crónica3.com A Mariña

Tito Suárez destaca que a axuda da Xunta contribúe a que o Ría de Ribadeo poida seguir mantendo a súa actividade deportiva

 Ribadeo, 6 de outubro de 2020. Tito Suárez destaca que a axuda da Xunta de Galicia contribúe a que o Ría de Ribadeo poida seguir mantendo a súa actividade deportiva. Así o pon en valor o popular, quen sinala que a axuda de 5.000 euros que ven de recibir este clube de baloncesto da administración autonómica supón “unha axuda na delicada situación económica que atravesa”.

“Queremos destacar esta colaboración porque o baloncesto é un deporte que está moi arraigado na vila e o Ría de Ribadeo é todo un referente a este nivel. É unha achega que, cremos, foi ben recibida e que se produce nun momento crucial para que este clube non desapareza”, afirma.

Alimentación saudable nos rapaces
Tito Suárez adianta que, no marco de seguir axudando ao tecido deportivo local, xa están a traballar e a levar a cabo negociacións para que as diferentes entidades da vila poidan retomar o proxecto de alimentación saudable nos rapaces. Esta iniciativa quedou suspendida coa aparición da covid-19. “Consideramos importante que se retome esta medida. Dende o noso Grupo Municipal xa estamos traballando nelo”, advirte o popular.

Exit mobile version