Site icon Crónica3.com A Mariña

A Concellería de Inmigración de Burela mantivo un encontro coa Inspección de Educación da Xunta para analizar os programas de apoio aos menores inmigrantes

 Burela, 16 de novembro de 2020. A Concellería de Inmigración mantivo un encontro coa Inspección de Educación da Xunta para analizar os programas de apoio aos menores inmigrantes. Noelia Mª Ben subliñou que “o que pretendemos é conseguir unha rápida integración dos nenos e das nenas”.
A edil burelesa explicou que “na xuntanza conseguimos un compromiso de estudo dos diversos programa de apoio aos menores inmigrantes”.
No encontro virtual plantexáronse “problemas que se foron coñecendo en contacto cos colectivos de inmigrantes do noso concello, cos colexios e tamén cos IES. En Burela recibimos menores durante todo o curso, por iso os profesores non contan coas horas necesarias para o apoio escolar, téñeno que restar doutros lados, o que pode provocar un deterioro no tempo para completar as horas lectivas dos rapaces e rapazas”.
Noelia Mª Ben engadiu que “desde a Inspección de Educación recoñeceuse a idiosincrasia de Burela coa inmigración, que non é igual que noutros puntos de Galicia. Precisan un estudio máis detallado da situación e comprometéronse a colaborar coa Concellería de Inmigración para realizar un seguimento do impacto deste problema e así establecer un protocolo que poida facer que calquera dificultade neste ámbito se poida solucionar de xeito áxil”.

Exit mobile version