Site icon Crónica3.com A Mariña

A fin de semana do venres 27 e sábado 28 de novembro na Librería Bahía levarán adiante unha campaña solidaria que consistirá en dedicar o 10% das vendas deses días a achegar libros a nenas e nenos de familias con dificultades económicas

Con esta acción preténdes, en primeiro lugar que estas nenas e nenos reciban un libro que –algo que nos parece importante- escollerán eles mesmos. Queren tamén devolver á sociedade algo da solidariedade e do apoio que recibindo desde o confinamento e que agradecen fondamente. E tamén preténdese celebrar doutra maneira este fin de semana que dalgún xeito é a apoteose do consumo através da moda do black Friday e darlle un sentido solidario, invitar aosclientes que merquen non só pensando neles mesmos, senon tamén pensando nos demáis. O acto de comprar é un acto con moitas implicacións sociais, económicas e ecolóxicas entre outras, e queren invitar a agudizar a conciencia neste senso.

Exit mobile version