Na reunión participaron uns 25 empresarios que amosaron o seu desacordo coa base das medidas plantexadas desde o Concello, que consistiu nunha liña de axudas aberta a tódolos sectores do comercio local, pero que resultan insignificantes ante a dura situación que vive actualmente a hostalería, únicos establecementos que permanecen pechados.
O primeiro paso será solicitar unha reunión de urxencia co alcalde e tenente alcalde do Concello de Burela para expoñer as súas principais demandas, solicitar axudas directas para o sector e amosar o seu malestar ante diferentes decisións que se teñen tomado e que non están favorecendo á hostalería de Burela.
Os hostaleiros exixen sensibilidade para entender a precaria situación pola que atravesa o sector e pedirán tamén ao Concello que os defenda ante a Xunta de Galicia e loite para lograr que se levanten as medidas tan restrictivas que afectan a Burela malia que a situación sanitaria se atopa só no nivel 1 de alerta, con moi poucos casos novos confirmados por PCR nos últimos días.