Site icon Crónica3.com A Mariña

A OPP de Lugo organizou unha nova xornada sobre valorización e obriga de desembarque

 Burela, 3 de novembro, 2020. A Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo organizou na mañá do martes 3 de novembro a cuarta edición do seu xa clásico obradoiro anual sobre “Aplicación da Obriga de Desembarque, Selectividade de Artes e Valorización de Produtos”.
A xornada tivo lugar no salón de actos de Absa, no porto de Burela, se ben este ano desenvolveuse nun formato mixto presencial e online, xa que tódolos ponentes interviron de maneira virtual. Ademais, as ponencias puideron seguirse tamén en directo vía streaming.
Pablo López Asensio, Xefe Territorial da Consellería do Mar da Xunta de Galicia, abriu a xornada acompañado de Sergio López, xerente de OPP Lugo, dando paso ao primeiro bloque do obradoiro, que trataba sobre a aplicación da Obriga de Desembarque.
Héctor Villa, Subdirector Xeral de Control e Inspección da Secretaría Xeral de Pesca do MAPA, presentou “Novidades na Xestión Pesqueira coa da Obriga de Desembarque”, centrándose nas dúas normas máis recentes e con maior impacto nas frotas pesqueiras: a Orden Ómnibus e a Orden de Aplicación de Flexibilizacións.
A Orden Ómnibus /315/2020, publicada no BOE o 2 abril, é a principal novidade da SEGEPESCA neste exercicio, especialmente o mecanismo de optimización de cuotas, que consiste en que, en función do consumo medio dos últimos anos, unha parte das cuotas individualizadas no sector pásase a unha bolsa común para un mellor aproveitamento.
O sector cree que esta orde pode ter un efecto perverso e con resultados negativos sobre os esperados, polo que nos próximos meses farase unha avaliación entre sector e administración co obxectivo de mellorar o seu funcionamiento.
Borja Velasco Tuduri, Subdirector Xeral de Caladero Nacional, Augas Comunitarias e Acuicultura da Secretaría Xeral de Pesca do MAPA, presentou “Novidades no Control da Aplicación da Obriga de Desembarque”, centrándose na aprobación do Regulamento de Control Europeo e as medidas de mellora previstas na norma española.
Estímase que en 2023 serán obrigatorias a CCTV (cámaras a bordo) e a aplicación de APP para control das especies en OD. Tamén que será necesaria unha adecuación do Diario Electrónico Abordo (DEA) para recopilar máis e mellor información das capturas.
O sector duda da xusticia deste Regulamento de Control, en tanto que entende que unha mesma norma non pode ter interpretacións tan diferentes entre os países europeos.
Na segunda parte da xornada tratáronse outras temáticas, como a “Valorización de produtos pesqueiros”, a cargo de Iria Durán, coordinadora de I+D de Saria España; e “Selectividade de artes de pesca” onde Julio Valeiras, Investigador do Centro Oceanográfico de Vigo do IEO, presentou experiencias piloto en selectividade, sobre todo en arrastre de litoral.
Esta acción enmárcase dentro das accións de promoción de OPP Lugo incluídas no seu Plan de Produción e Comercialización anual e contan coa cofinanciación da Xunta de Galicia e o Fondo Europeo e Marítimo da Pesca.

Exit mobile version