Site icon Crónica3.com A Mariña

A Secretaría das Mulleres da CIG convoca este mércores no Hospital da Mariña unha concentracións de delegadxs co gallo do 25N

A Mariña, 24 de novembro, 2020. Con motivo da conmemoración, o vindeiro 25 de novembro, do Día Internacional contra a violencia contra as mulleres, a Secretaría das Mulleres da CIG ven de convocar concentracións de delegadas e delegados da CIG:

O obxecto destas mobilizacións que se celebrarán simultaneamente en once localidades galegas é denunciar que pese a que pandemia puxo de  manifesto que as tarefas de coidados son traballos esenciais para sociedade, non foron nin están a ser obxecto dunha protección especial durante a crise sanitaria, non se puxeron en marcha políticas públicas para reforzar e revalorizar as profesións relacionadas cos coidados, nin se lexislou para garantir os dereitos de coidados das persoas, porque foi o capital quen xestionou a crise sanitaria e quen ditou a resposta a esta. Desde a CIG esiximos que é preciso que se lle dean ás tarefas de coidados o valor real que teñen como traballos esenciais para a sociedade. Porque como versa o lema da campaña da nosa central sindical: Descoidar a quen coida é violencia machista. 

Ditas concentracións terán lugar adoptando  as correspondentes medidas de distanciamento e seguridade conforme ás medidas de prevención instauradas ante a evolución da pandemia.

Exit mobile version