Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta financia tres obradoiros duais de emprego que se desenvolverán en seis municipios da Mariña e no de Muras

 Lugo, 6 de novembro de 2020. A Xunta de Galicia financiará tres obradoiros duais de emprego que se desenvolverán en seis municipios da Mariña e no de Muras, que concorre en agrupación con dous concellos mariñáns. A súa posta en marcha suporá a contratación de 60 alumnos-traballadores, ademais do persoal de dirección, administración e monitores (ao redor de cinco en cada taller).

O delegado territorial da Administración autonómica, Javier Arias, explicou que a Consellería de Emprego e Igualdade destina un millón de euros a colaborar cos concellos promotores destas iniciativas a través da convocatoria de axudas deste ano, que vén de resolverse.

Cada taller ofrece formación e emprego a 20 persoas, que contarán cun contrato de traballo durante a súa participación na actividade e ao finalizar poderán acreditar as ensinanzas recibidas cun certificado de profesionalidade. Está previsto que comecen antes de finais de ano.

Os obradoiros terán unha duración de nove meses. Na área da Mariña funcionarán os seguintes: Sendas de Burela, Cervo e Xove VII -coa participación deses tres municipios-; Ribadeo X Camiño, que impulsa individualmente o Concello de Ribadeo; e Terras do Sor IV, que impulsa O Vicedo xunto con Ourol e Muras.

Entre os criterios para conceder as achegas, valoráronse as propostas presentadas por concellos agrupados ou resultantes dunha fusión, as de concellos emprendedores ou as que presentan contidos relacionados co fomento das TIC e da economía dixital.

Tamén se valorou o desenvolvemento dun programa de inserción laboral mediante incentivos á contratación laboral do alumnado durante un mínimo de tres meses, con contratos a xornada completa en empresas do mesmo ámbito territorial que o obradoiro. Na Mariña, ofrece esta alternativa o taller do Vicedo, Ourol e Muras, o que axudará a que seis participantes poidan acceder ao mercado laboral despois de finalizar a súa etapa formativa no obradoiro.

Os obradoiros concedidos na área da Mariña son os que figuran no seguinte cadro:

Exit mobile version