Site icon Crónica3.com A Mariña

Alfredo Llano, pídelle ao portavoz do PP que rectifique as acusacións “serias e graves” que fixo relativas ao traballo realizado en Torrentes

 Burela, 18 de novembro de 2020. O alcalde, Alfredo Llano, pídelle ao portavoz do PP que rectifique as acusacións “serias e graves” que fixo relativas ao traballo realizado en Torrentes.
O rexedor dixo que “as declaracións do Sr. Rouco son moi serias e graves e pídolle que rectifique. Acúsanos de ter feito unha ilegalidade en Torrentes e iso non é certo. Aquí o único que se cuestionaba era quen ía financiar as obras complementarias realizadas, si tiña que ser a Unidade de Actuación ou o Concello por seren consideradas de interese xeral. Non había nada máis nun asunto que se dilucidou no xulgado”.
Alfredo Llano indicou que “todas as decisións que se tomaron para a realización desas obras complementarias contaban, evidentemente, cos informes técnicos municipais correspondentes. Nada ilegal naquel momento e nada ilegal agora tampouco. Iso que quede moi claro”.

Exit mobile version