Site icon Crónica3.com A Mariña

“Carta ao conselleiro de Sanidade”, por José Francisco Ramalleira

A ATENCIÓN DO CONSELLEIRO DE SANIDADE.

Boa tarde.
-Fai un mes solicitei cita para vacunarme da gripe. Déronme cita para hoxe 17-11-2020 ás 11:13 horas.

Presentado no centro de saúde de Foz o día e a hora indicada non me vacunan alegando falta de vacunas para as persoas de menos de 65 anos. Curiosamente antes de min vacunan a unha persona 2 anos mais nova ca min.

Si dende fai un mes saben cantas persoas se van vacunar hoxe, si saben cantos deles teñen menos de 65 anos, e si saben o noso número de teléfono, por que non chaman con anterioridade para advertir da falla de vacunas?.

Pois moi sencillo, por que a sanidade pública non está o noso servizo, estamos nos ó servizo da sanidade pública.

Que lles importa que alguén teña que deixar o Traballo para irse vacunar, ou coller un taxi e desplazarse, ou vir do mar toda a noite e ir sin descansar ata o centro de saude. Elles igual, tamos a súa disposición.

-Despois temos a atención telefónica, a ver como lle explicas ó médico por teléfono os síntomas de algunha enfermidade como pode ser unhas manchas na pel, problemas de visión, dolor abdominal……, eso si se consigue que che collan o teléfono.

-Tamén temos o caso de que cando che piden unha proba, como pode ser unha resonancia magnética ou similar, che din “xa o chamaran por teléfono”, e ahí te quedas: non sabes si hai moita lista de espera, non tes ningún control sobre ela, nin podes saber cando te van chamar. Como si non tiveras máis vida que esperar pola chamada. Non podes organizar un viaxe largo, unhas vacacions, si o día que te chamen tiñas programada algunha actividade, non sabes o que tardarán en chamarte e si che será mellor ir á sanidade privada, si se pode.

Señor Conselleiro, a atención primaria está moi mal, con perdón, é unha merda. Non se pode tratar ós cidadans que pagan o sistema da maneira que se están a tratar, nin se pode ter unha atención tan deficiente como a que se está a dar.

Si pode e quere repare este desastre, e si non marche. Os cidadans da nosa terra merecen outra atención.

Un saudo.

Fdo.: José Francisco Ramalleira

Exit mobile version