Os maxistrados entenden que a empresa pode executar os despedimentos e deter a produción, pero debemanter as cubas en situación de retomala de maneira inmediata por se o ERE formulado por Alcoa seconsiderar nulo.
Neste punto, o alto tribunal galego considera que, coas cubas apagadas, unha «hipotética» sentenza queanulase o ERE dificultaría o reingreso do persoal á fábrica. «Aínda non sendo un proceso irreversible, ofrécesecomplexo, custoso e dilatado no tempo, carrexando, en suma, graves prexuízos aos traballadores», sinala oTSXG.
O auto tamén coida «desproporcionado» outorgarlle á Sociedade Española de Participacións Industriais (SEPI)a administración da planta de aluminio mentres dure o proceso de impugnación de despedimento colectivo ese dite sentenza firme. Con todo, apunta que a intervención sería, en todo caso, unha «medida alternativaigualmente eficaz e menos prexudicial» para a empresa