Site icon Crónica3.com A Mariña

Daniel Vega salienta que “os orzamentos da Xunta para o 2021 recollen un investimento de 510.000 euros para a reforma integral do Gregorio Sanz”

 Ribadeo, 28 de novembro de 2020. O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular de Ribadeo e deputado no Parlamento de Galicia, Daniel Vega, sinala que “os orzamentos da Xunta para o 2021 recollen un investimento de 510.000 euros para a reforma integral do colexio público ribadense”.

O popular mantivo unha reunión co conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, na que lle confirmou a previsión dirixida ao centro de ensino público de Ribadeo que recollen os orzamentos para o vindeiro exercicio. “As contas do Executivo autonómico para o vindeiro exercicio acreditan o compromiso da Xunta coa educación en xeral e co CEIP Gregorio Sanz en particular”, sinala Vega.

“Despois de que tanto o equipo directivo coma a ANPA e moitos pais e nais de alumnos do colexio Gregorio Sanz nos trasladaran en distintas reunións a necesidade de actuar no colexio; continuamos a traballar para conseguir investimentos de cara á súa mellora”. Deste xeito, os alumnos e alumnas ribadenses poderán contar cunhas instalacións renovadas máis eficientes e funcionais”.

Vega destaca que “traballando día a día podemos conseguir moitas inversións para Ribadeo na procura da mellora dos servizos e da calidade de vida dos nosos veciños”.

Exit mobile version