Site icon Crónica3.com A Mariña

Maite Ferreiro valora a extinción de Suplusa como “unha mostra de que o goberno cumpre cos seus compromisos”

 Lugo, 30 de novembro de 2020. O Pleno da Deputación de lugo aprobou este luns a extinción da Sociedade Urbanística Provincial (Suplusa), dando así cumprimento o acordo asinado polo BNG e o PSdG no inicio da lexistura, que recollía a disolución da entidade tras “ a mala xestión e o exceso de personalismo dos seus responsables no pasado mandato”, segundo lembrou a vicepresidenta Maite Ferreiro.
Maite Ferreiro subliñou que a extinción de Suplusa “demostra que este goberno cumpre cos seus compromisos”. “A institucion provincial asume as funcións de Suplusa e xestionará estes ámbitos co obxectivo de que os concellos teñan capacidade económica para atender as súas necesidades”, sinalou a vipresidenta, que afeou os cambios de posicionamento do PPdeG con respecto á disolución da entidade. “O que antes lles valía, agora non lles vale”, indicou.
En relación coas traballadoras e traballadores da entidade, a deputada nacionalista apuntou que “daquí a final de ano articularanse as medidas para concretar cal será a súa relación laboral coa Deputación”.
A extinción de Suplusa, aprobada cos votos a favor de BNG e PSdeG e co posicionamento en contra do Partido Popular, pon fin ao procedemento iniciado en setembro de 2019 por acordo unánime do pleno e realizado por unha comisión liquidadora na que tomaron parte representantes dos tres grupos da corporación.
A deputada Mónica Freire, que actuou como representante do BNG nesa comisión, valorou “o cumprimento do mandato do pleno, en prazo” e lembrou que a extinción de Suplusa supón trasladar “un importante volume de activo á institución provincial nun momento histórico para a provincia de Lugo, que nota a perda de industria e de futuro”.

Exit mobile version