A campaña trasladou a imaxe xigante do porto de Burela e do mar do Gran Sol ás paredes dos pasillos do metro de Madrid para lembrar que, se pensamos en sabor, en algo diferente, pensemos en ‘Merluza de Burela’, un produto pesqueiro de primeira calidade, resultado dunha arte de pesca tradicional e sostible, como é o pincho.
O produto presentábase de forma espectacular en pasillos e vagóns deste transporte público, co obxectivo de crear unha identidade propia para ‘Merluza de Burela’ e posicionar a marca dentro do mercado nacional, distinguíndoa pola súa extraordinaria calidade, para conquistar os paladares e as mesas de toda España.
Además de personalizar seis vagóns do metro, os pasillos da parada Diego de León, na línea 6 da ruta circular do centro, unha das de maior tránsito, reconvertíronse integramente coa imaxe de ‘Merluza de Burela’.
Na arte final coidáronse e potenciáronse aspectos que diferencian o produto ata facelo excepcional: a súa calidade e sabor, facendo fincapé nun estilo de vida que aposta pola alimentación sana, fresca, natural e diferente.
Precisamente sobre este estilo de vida xira outra das accións promocionais que se están levando a cabo a nivel nacional, e que utiliza os medios de internet e redes sociais para facer chegar a ‘Merluza de Burela’ a un público xove non consumidor habitual de peixe.
Esta acción enmárcase dentro das accións de promoción de OPP Lugo incluídas no seu Plan de Produción e Comercialización anual e contan coa cofinanciación da Xunta de Galicia e o Fondo Europeo e Marítimo da Pesca.