Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG chama a mercar un libro en galego no comercio local no “Día das Librarias”

 Santiago, 13 de novembro , 2020. A portavoz de Cultura do BNG, Mercedes Queixas fai un chamamento a apoiar á celebración do “Día das librarías” mercando un libro en galego no comercio local.

A parlamentaria lembra que no actual contexto de pandemia “é máis necesario que nunca apoiar ao sector libreiro”. Neste sentido, o BNG iniciou unha campaña para visibilizar a aposta polo produto galego, o comercio de proximidade e a actividade que dinamiza e crea emprego nas vilas e cidades galegas.

O BNG chama a participar na campaña nas redes sociais, *#DíadasLibrarías #EuMercoLocal* subindo unha foto nunha libraría e cun libro na man como ao longo do día xa fixeron a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, os deputados e deputadas do grupo parlamentario nacionalista e destacados cargos políticos nas diferente administracións galegas.

Exit mobile version