Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG pregunta polo inicio das obras de recuperación do barrio de Xunqueira

Viveiro, 28 de novembro, 2020. Xa pasaron dous anos cando se producía o desastre meteorolóxico que, xunto a pasividade dalgunhas administracións, asolagou varios puntos no concello de Viveiro ocasionando un maior impacto no barrio de Xunqueira, causando o finamento dunha veciña e innumerábeis danos materiais en todo canto había nas marxes do rio.

Esta riada provocou o deterioro de vivendas particulares e infraestructuras públicas, mais o peor de todo é que desde aquela, está Xunqueira sen abeiro ante un novo desastre, que de producirse de novo este inverno unha riada semellante, as consecuencias poden ser aínda peores.

Polo que desde o BNG de Viveiro instamos ao Concello de Viveiro a que nos de conta da situación actual das obras relacionadas coa zona de Xunqueira: convenios, proxectos, proceso de licitación para as obras, prazos e outros trámites relacionados.

Exit mobile version