Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro informa de 20 positivos activos por Covid-19 e asegura que o comité clínico da Xunta estudará este venres a situación do municipio

 Viveiro, 26 de novembro de 2020. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, participou esta mañá nunha reunión convocada pola Consellería de Sanidade e coa presenza do secretario xeral de Sanidade, Alberto Fuentes, na que lle comunicaron que hai actualmente no municipio 20 positivos activos; a incidencia sitúase en 90,52 (por debaixo de 100), rexistrouse 1 só positivo nos últimos 7 días e a evolución da situación epidemiolóxica é moi boa.

Dende a Consellería de Sanidade adiantouse que é moi probable que o Comité Clínico levante mañá as restricións impostas a este concello, polo que Viveiro volvería ás medidas establecidas na fase 2.

Explicouse, ademais, que o Comité Clínico xa valorou na reunión que mantivo o pasado martes a posibilidade de levar as restriccións a Viveiro, pero decidiu finalmente esperar dous días máis.

Deste xeito, se non xurde ningunha visicitude, o máis probable é que este levantamento se produza mañá. O goberno municipal, como sempre, manterá aos veciños e veciñas informados e cando exista unha comunicación oficial, indicarase cales son as medidas a seguir a partir dese levantamento das restriccións actuais.

Finalmente, ante o posible este posible levantamento a partir de mañá venres, dende o goberno municipal quérese facer fincapé na necesidade de seguir nesta liña, respectando e cumprindo as medidas establecidas en cada momento porque é a terceira vez que o Concello de Viveiro sufre as medidas máis duras destas restriccións e de todos e todas depende que non se produza un retroceso que obrigaría a un novo peche.

Agradécese a todos os veciños e veciñas o grande esforzo realizado, de aí os resultados obtivos e insístese na necesidade de non baixar a garda, tendo en conta que nos atopamos ás portas dunha ponte festiva e das festas do Nadal.

Exit mobile version