Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro informa de 28 positivos por Covid e agradece o esforzo e o comportamento da veciñañza

 Viveiro, 23 de novembro de 2020. O Concello de Viveiro informa que, segundo os datos facilitados pola xerencia da área sanitaria, hai a día de hoxe no municipio un total de 28 positivos por COVID-19 (había 55 o pasado 7 de novembro), debendo destacar que nos últimos catro días non se rexistrou ningún novo caso.
Mañá haberá unha nova xuntanza do comité clínico na que o concello agarda que, tendo en conta a evolución favorable da situación, se poidan levantar as restriccións que afectan a Viveiro.
Como sempre, dende o goberno municipal informarase aos veciños e veciñas de calquera modificación que se produza con respecto ás medidas establecidas polas autoridades sanitarias para este concello.
En todo caso e con independencia do que aconteza, dende o concello quérese facer fincapé na importancia de non baixar a garda e continuar estremando as precaucacións para que, tras o levantamento das restriccións, cando se produza, non se dea un novo repunte de casos.
Finalmente, dende o Concello de Viveiro quérese agradecer publicamente a todos os veciños e veciñas o seu grande esforzo e responsabilidade social en beneficio da saúde colectiva, rebaixando co seu comportamento o número de contaxios.

Exit mobile version