Site icon Crónica3.com A Mariña

O Ministerio de Industria insiste na vontade de diálogo do Goberno para alcanzar unha saída industrial e social da pranta de San Cibrao

 Madrid, 16 de novembro, 2020. No transcurso da Mesa Multilateral sobre o futuro da planta de Alcoa en San Cibrao, celebrada esta tarde por vía telemática, o secretario xeral de Industria e Peme, Raúl Blanco, avanzou que o Ministerio de Industria enviou á empresa trámite de alegacións previo á posible denegación de axudas correspondente ao exercicio 2020. “A raíz del juicio sobre medidas cautelares recientemente celebrado, hemos constatado que Alcoa tiene intención de cerrar total o parcialmente la planta, lo que podría ser incompatible con la recepción de ayudas de las administraciones”, sinalou Blanco.

O secretario xeral insistiu en que tanto o Goberno como a Xunta de Galicia e os representantes sindicais continúan abertos á negociación e instan a Alcoa a que se volva a sentar para pactar unha venda negociada. “Creemos que hay una alternativa al cierre y estamos abiertos a escuchar, pero necesitamos la concurrencia de la empresa, ya que su cerrazón lleva a una situación cruel para trabajadores y sus familias y con impactos que van más allá de la industria lucense, afectando a otras industrias nacionales”, engadiu Blanco, que ofreceu volver estudar os puntos discordantes que manifestou Alcoa, abrindo totalmente a negociación punto por punto antes do 3 de decembro, data na que se xulgará o ERE presentado pola empresa.

Por último, Raúl Blanco lembrou o “éxito sen precedentes” para os traballadores da planta de Alcoa o auto da Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que o pasado 4 de novembro ordenou manter a actividade das cubas en Alcoa, “es un buen precedente que permite mantener activa la planta y preservar los puestos de trabajo, una posición que siempre ha defendido el Gobierno de España desde el inicio del conflicto laboral”.

Exit mobile version