Óscar Rodríguez sinala que, como se indica nas citadas informacións xornalísticas sobre o abono das achegas, a cantidade total destinada polo Concello para este fin foi de 400.000 euros, dos que, finalmente non se executan 160.300 euros. En total quedan fóra das achegas 81 solicitudes.
Rodríguez di que é precisa unha nova convocatoria destas axudas. Explica que moitas dos microempresas e autónomos que non se puideron acoller a estas achegas corresponden a actividades que non tiñan que pechar obrigatoriamente, pero os seus ingresos caeron de maneira drástica pese a poder seguir operando.
Rodríguez di: “Se o goberno municipal fixera caso da proposta da PP cando se lle fixo, se houbera actuado con rapidez e dilixencia, as axudas xa estarían nas mans dos beneficiarios, que tanto as necesitan, hai xa moito tempo”