Castiñeira recorda que o PP xa fixo unha pregunta sobre este mesmo asunto “nun pleno pasado, no que a voceira do Partido Socialista non foi capaz de responder con concreción; deu largas a este asunto”. Aclara: “Tamén preguntamos en varias reunións da comisión liquidadora e tampouco se aclarou, e queremos que se clarifique antes do pleno de disolución de Suplusa. Por iso imos facer esta pregunta no pleno de mañá, porque son moitos cartos, é maquinaria de todo tipo, incluída maquinaria pesada: camións, tractores, desbrozadoras. Estamos a a falar de centos de miles de euros. Suplusa pagou os seus seguros e sigue pagando”.
O portavoz popular di: “Pediremos tamén ao goberno da Deputación que cuantifique o valor de todo ese uso de máquinas e equipos. O PP está disposto a chegar a calquera instancia se non se aclara isto antes do pleno. Non se pode pechar Suplusa en falso e con estas cousas pendentes. No día de mañá faremos esas preguntas e esperamos que o goberno da Deputación nos aclare que responsable político deu esa orde sen autorización de Suplusa”.