Site icon Crónica3.com A Mariña

Papá Noel e os Reis Magos máis cerca dos nenxs de Xove

 Xove, 25 de novembro, 2020. Que este ano está a ser complicado non é unha novidade. O Covid-19 trastocou as nosas vidas de tal maneira que temos que estar constantemente reiventándonos. Pois ben, a novos problemas, novas solucións.

Unha das preocupacións de moitas familias, e por ende, de moitos nenos e nenas, vai ser a visita de Papá Noel e dos Reis Magos. Os protocolos da Covid-19 aféctannos a todos, e a Papá Noel e aos Reis Magos por suposto que tamén.

Dadas estas circunstancias, dende o Concello de Xove -e pensando nas ilusións dos nosos miudos, nesas datas especiais que fan que para eles sexan uns días máxicos- imos ofrecerlle a todas as familias un novo servizo, poñendo a dispor de todas as nosas familias unha plataforma para que os nosos nenos poidan falar con Papá Noel e cos Reis Magos. Os pais que queiran que estes chamen aos seus fillos, terán que acceder ao portal www.nadal2020.es, e concertar unha cita cos representantes de Papá Noel e dos Reis Magos, os cales, na data e hora indicada lle farán aos neno/s nena/s unha vídeochamada online, a través do WhatsApp.
Inscricións para PAPÁ NOEL: do 25 de novembro ao 17 de decembro.
Inscricións para os REIS MAGOS: do 25 de novembro ao 29 de decembro.
No caso de que algún pai ou nai non teña WhatsApp e non poida recibir a videochamada, e para que ningún neno/a quede sen poder falar con eles, deberán chamar ao teléfono de información da plataforma 641 585 245, onde lle facilitarán a maneira de que o neno/a poida falar con Papá Noel ou cos Reis.
En todos os casos, a reserva de cita pode ser para Papá Noel, para os Reis Magos ou para ambos. Este servizo é de carácter totalmente gratuito para as familias, dado que os custos asúmeos o Concello.

Dende o Concello de Xove, e máis concretamente dende a Concellería de Cultura, animamos a todos os pais e nais a participar.

Exit mobile version