Site icon Crónica3.com A Mariña

Para o PP, Tomé recorre ás mentiras para tratar de cuestionar a rigorosidade das medidas para controlar a pandemia aplicadas pola Xunta

 Lugo, a 05 novembro de 2020. A política pode ter moitos perfís; no exercicio da política caben amplas interpretacións diferentes, se están feitas con rigor, sentido da honorabilidade e presididas polo interese común, ao que debe servir todo político que mereza tal nome. Pois ben, o presidente da Deputación de Lugo, o socialista José Tomé, esqueceu hoxe, en opinión do deputado popular Óscar Poy, todas esas obrigas, para intentar desacreditar a rigorosidade das medidas anticovid postas en marcha pola Xunta. O presidente provincial pregúntase, con evidente desvergonza, hoxe no diario La Voz de Galicia: “¿Por que se pechan concellos do PSOE e non do PP cando teñen máis casos?”

O mesmo portavoz popular sinala: “Lidas as declaración do presidente da Deputación e alcalde de Monforte, só é posible lembrar o seu tristísimo papel como presidente provincial no inicio de pandemia. Chegou tarde e pouco ou nada aprendeu en todos estes meses. Por iso mesmo, é atribuíble a que sabe que de novo está perdido na batalla fronte ao covid, esta incontinencia verbal de Tomé diante dos micros nas declaracións referidas”.

Poy declara: “Que Tomé fale de discriminación, de preferentismos despois do que xa está marcado a ferro na súa traxectoria ao fronte da Deputación; que despois de facer e desfacer segundo os propios caprichos, e da histórica constatación de que as máquinas da Deputación non pisan moitos dos concellos populares, as afirmación de Tomé só poden considerarse un insulto á intelixencia dos lucenses e ganas de buscar confrontación nun asunto, a crise sanitaria, na que todos debemos traballar unidos”.

Os populares recordan que Tomé rexeitou hai uns días, no pleno, a nosa colaboración para os orzamentos e, despois de facelo, aínda se atreve, a falar de sectarismo.

Óscar Poy di: “En Galicia si hai un comité técnico na Xunta, recoñecible, que determina as accións a desenvolver; un comité clínico de verdade non coma o de Sánchez, do que nunca máis se soubo”.

Exit mobile version