Site icon Crónica3.com A Mariña

Pilar Armada: “verdadeiramente non contabamos que o BNG fixese política cun tema tan sensible e que tanto nos inqueda a todos como o covid”

 Cervo, 7 de novembro de 2020. A edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, amosou no nome do Concello de Cervo, a súa sorpresa ante as declaracións realizadas polos voceiros do Bloque Nacionalista Galego “a verdade é que non agardabamos que fixesen política cun tema tan sensible como o COVID-19 que lamentablemente estamos a sufrir nestes días con gran virulencia no Centro de Día Residencia de San Ciprián”.
A edil lamenta profundamente ter que aclarar nestes momentos “no que o único que nos ocupa e preocupa é a saúde dos afectados e tentar conter a propagación do virus”; que desde o minuto un se está a facer “unha intervención pública” tendo en conta que tanto desde o SERGAS como desde o Concello de Cervo estamos a facer un seguimento continuo da evolución da situación, colaborando e intervindo en todo o que está na nosa man nesta situación tan complicada da que desde logo “resulta inconcibible culpar a ninguén”.
Armada pídelle aos compañeiros do BNG que volvan á senda da lealdade institucional nun problema de alcance mundial como este e que deixen de facer política coa dor da xente; porque cremos que nestes intres todos (veciñanza, persoas usuarias, familias, traballadores, políticos..) debemos remar na mesma dirección “apoiando aos afectados que realmente o está a pasar moi mal”.
A edil de Servizos Sociais reitera no nome do Concello de Cervo as condolencias ás familias das 5 persoas usuarias falecidas, e todo o noso apoio e agarimo a toda a familia do CDR “estamos con vós”.

Exit mobile version