Site icon Crónica3.com A Mariña

Xa están en Ribadeo os dous profesores croatas que ata o vindeiro sábado farán un percorrido por diferentes centros de ensino da Mariña e de Ferrolterra e por empresas de automoción da comarca como Recense ou Hermanos Rega

A visita enmárcase “no plan de acollida de profesores e alumnos doutros países da Unión Europea, que recibimos ao longo do curso desde Apaga. Van visitar tanto empresas como institucións educativas da Mariña e de Ferrol. Haberá ademais unha parte turística e lúdica que os levará a coñecer localizacións como Mondoñedo, Lourenzá ou Ribadeo”, explicou Álvaro Doural, presidente de Apaga. Os profesores chegados de Croacia pasaron esta mañá polo CIFP Porta da Auga, de Ribadeo, e pola praia de As Catedrais. E pola tarde pasarán por Mondoñedo.

Exit mobile version