Site icon Crónica3.com A Mariña

A Concellería de Medio Rural de Foz celebra o Nadal nas parroquias con actuacións en Cangas e Vilaronte

 Foz 30 de decembro do 2020. O vindeiro domingo, o Concello de Foz coa Colaboración da Asociación Deportiva e Cultural Os Castros, presenta Costureiras do grupo Tarabela Creativa de Santiago de Compostela. Trátase dunha función de narración oral a dúas bandas entre unha abadinesa afincada en Compostela e un cervense afincado na Coruña. Unha conversa desnortada de dous norteños: Ángeles Goás e Felipe Díaz (Caxoto). Dende as lembranzas da infancia, dende as historias recollidas, dende a mirada actual da narración oral… estes dous narradores comezan unha viaxe onde os contos se preguntan e responden a si mesmos. A vida das costureiras era a vida de mulleres en casas alleas mentres levaban acabo a súa laboura. Era a vida nos camiños dunha casa á outra. Enriba das súas cabezas carregaban a máquina de coser e debaixo da máquina; mil cousas que pensar… mil cousas que contar. Un diálogo entre dous namorados da palabra contada e o público onde o tempo pasa sen deixarse sentir…. entre puntada e puntada, cosendo un espectáculo. En Costureiras Ángeles Goás e Caxoto Díaz fían unha historia con outra!.

A primeira actuación será no pavillón Os Castros de Cangas o domingo 3 de xaneiro as 18 hs cun aforo limitado e as medidas de protección asociadas a pandemia.

E o vindeiro 4 de xaneiro, Apalpadora en Vilaronte da que informaremos próximamente.

O Concello de Foz aposta po la cultura, tamén nas parroquias coa colaboración da Area de Cultura da Deputación de Lugo.

A cultura fainos ben e, ademais, é segura !

Exit mobile version