Site icon Crónica3.com A Mariña

A plataforma das auxiliares de Alcoa mantivo unha xuntanza extraordinaria para analizar a situación actual derivada do ERE

 Cervo, 29 de decembro, 2020. A plataforma coordinadora das empresas auxiliares de Alcoa San Cibrao mantivemos unha xuntanza extraordinaria para analizar a situación actual das empresas auxiliares derivada do ERE en ALCOA.

Consideremos que a convocatoria de folga indefinida debe ser mantida en vigor, a sentencia do TSXG é un paso positivo e importante para todos, máis non elimina a problemática principal nin obriga a Alcoa a reactivación do 100% da planta.

Dende o pasado mes de Abril, cando Alcoa anunciou o paro das labores de rebrascaxe de cubas, case medio cento de traballadores/as de empresas auxiliares están en ERTE, e a dia de hoxe non saben cando voltarán ó seu posto de traballo, si é que o volven a facer algún dia.
Tal e como o comité de Alcoa expuxo, é imprescindible que a multinacional se sente a negociar de boa fé, reactive a planta e cese nos recortes en investimento. Recortes que están a levar un regueiro de perdida de postos de traballo pouquiño a pouco, tanto na planta de Aluminio como na de Alumina.
Derivado da terquedade de Alcoa moitas empresas non están a renovar os contratos dos seus traballadores xa que o futuro da planta é incerto e non hai previsión estable de traballo.

Por iso vemos necesaria manter a folga, tal e como o farán os compañeiros de Alcoa, ata que todos os traballadores/as volvan o seu posto de traballo, ou haxa unha garantía de rendemento pleno da factoría.

Por outro lado queremos denunciar a discriminación que Alcoa está tendo cos traballadores/as das empresas auxiliares no servizo do comedor. Queremos recordar que temos gañado o dereito ó seu disfrute en sentenza xudicial, máis despois de todos estes meses pechado cando volta a reabrir faino cun sistema imposible de exercer o dereito para nós. E a situación agravarase máis si o próximo dia 4 volta a xornada partida, e o comedor queda na situación actual.
Donde imos comer os 1000 operarios de empresas auxiliares? Os valores de Alcoa son deixar sin a posibilidade de comer a tanta xente?

É de prever que virán aínda moitos meses de loita por diante, por iso desexamos a todos os traballadores/as un ano 2021 cargado de forza e ilusión para continuar nesta batalla.

Exit mobile version